Fondos Públicos

MASLAMAS,S.L. recibiu recentemente a confirmación de apoio do IGAPE ó seu proxecto de dixitalización 2023-2024, a través da súa liña IG240-Axudas á dixitalización industria 4.0

MASLAMAS, S.L. participa nun proxecto de internacionalización (GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2024), operación cofinanciada pola Unión Europera no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pymes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

Actividades apoiadas:

  • Participación na FEIRA DE MODA INTERNACIONAL DE MADRID Momad Metrópolis, Febreiro 2024.

As feiras son un destacado medio de comunicación para poder establecer un contacto directo entre expositores e visitantes. PISONERO coa súa presenza pretende coñecer ao consumidor final do produto (as súas motivacións de consumo, hábitos de compra ou a opinión do produto e da competencia), afianzar o produto en mercados xa existentes e abrir novos mercados formalizando novas reunións e visitas para acadar novos clientes.

  • Elaboración de lookbook da tempada Outono Inverno 24/25 e catálogo da tempada Primaveira/verán 2024, para a súa entrega durante a feria internacional de moda, indicada anteriormente.
  • LOOKBOOK OI2425

    CATALOGOS PV224

    O material promocional constitúe unha peza fundamental no proceso de comunicación dunha marca e facilita notablemente a labor comercial. Preténdese plasmar o traballo desenrolado polo equipo de PISONERO ao longo de toda a tempada.

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés.
    Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies.